Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido grave un veciño do Viso logo de colidir un coche e unha moto no Camiño da Pereira

RR_Noticias

O accidente producíase, segundo información da Policía Local, ás 13:30 horas o pasado sábado cando por causas que se descoñecen colidían un BMW e unha moto, resultado ferido grave o condutor desta última, José D.B de 61 anos de idade a veciño da parroquia de O Viso.

Ambos os dous vehículos colidían nunha intersección no coñecido como Camiño da Pereira. Felix M.B. veciño de Arcade e condutor do BMW resultou ileso no accidente, levándose a peor parte o condutor da motocicleta, veciño da parroquia de o Viso que resultou ferido grave. O home José D. B. De 61 anos foi trasladado ao Hospital do Perpetuo Socorro de Vigo onde quedou ingresado á espera de ser operado hoxe dunha rotura de tibia e peroné.
Un sinistro que se producía nunha fin de semana tráxica nas estradas españolas que non deixan un total de 17 falecidos en 13 accidentes mortais. O accidente máis grave aconteceu o sábado en Girona onde catro membros dunha mesma familia perderon a vida ao caer ao tío Ter a furgoneta na que viaxaban, previsiblemente logo de que o vehículo esvarase nunha placa de xeo.
Tamén o sábado houbo outro accidente con dúas vítimas, dúas mulleres de 80 anos de idade e nacionalidade norueguesa que faleceron ao ser atropeladas por un vehículo en Alacante. O sábado deixounos un total de nove falecidos e tres feridos graves nun total de cinco accidentes, os mesmos que onte domingo que deixaron cinco mortos e dous feridos graves. O venres pechouse con tres falecidos e un ferido de carácter grave.
Dos tres accidentes mortais, sete foron saídas da vía, 3 foron colisións e tres atropelos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará