Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira celebra as festas de San Bernardo

RR_Noticias

A parroquia redondelá celebra hoxe o seu día grande coa tradicional misa e procesión, que contará coa participación da Coral Polifónica A Raíña de Cedeira. O programa complétase cunha verbena nocturna na que actuarán os grupos Suavecito e Capitol.

O presidente da Comisión de Festas, Jaime González, agradece a colaboración de todos os veciños da parroquia, xa que sen as súas achegas “sería imposible” organizar a festa. Malia as dificultades económicas nestes tempos de crise, amósase “moi satisfeito” coa resposta da veciñanza, da que salienta que “non se pode pedir máis”. Agarda que todos poidan gozar desta xornada festiva e confía en que o próximo ano as cousas “estean mellor” para seguir celebrando o San Bernardo.  

Jaime González da Comisión de Festas
O presidente da comisión agradece a colaboración dos veciños da parroquia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará