Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música de percusión en Redondela con Odaiko

RR_Noticias

A programación do verán cultural do Concello de Redondela ofrece este mércores unha interesante cita coa música de Odaiko Percusión, unha formación que mistura diferentes instrumentos e tradicións musicais de todo o planeta. Neste concerto porán en escena o seu espectáculo “Galician on Board”. A cita é as 22.30 horas na Praza da Casa da Torre.

A idea de Galician on Board é facer unha viaxe no tempo trasladándonos ao s. XIX e representar o profundo cambio que se produciu en Galicia ata os nosos días. Conceptos como labrego, folclore, emigración, industrialización, etc, están presentes ao longo do show nunha viaxe músico-percusiva tratada dun xeito vangardista. Odaiko ofrécenos un crisol de ideas musicais onde os ritmos de culturas alleas como o latin, o flamenco, o brasileiro ou o africano se misturan coas innovacións técnicas percusivas e o folklore galego para representar un pasado que da resposta ao noso presente. Para este espectáculo contan coa colaboración da voz de Xiana Lastra.  

Silvia Fernández de Odaiko
Un grupo de percusión que se alimenta da música tradicional de diferentes puntos do planeta.
Galician on Board
O espectáculo fai un perorrido pola historia galega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará