Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Multideporte para comezar as vacacións escolares

RR_Noticias

O Redondela Fútbol Sala recupera o seu Campus Multideporte, que se celebrará do 25 ao 28 de xuño en colaboración co club Náutico de Redondela e a SAR. Ademais da práctica deportiva contarán tamén con actividades culturais e lúdicas coa participación do Conservatorio de Música Municipal e Protección Civil. Está dirixido a rapaces de 7 a 12 anos de idade.

 A edición deste ano ten como base coas disciplinas deportivas de balonmán, natación e fútbol sala, ás que se suma unha visita a protección civil, unha exhibición de artes marcíais (Ximnasio Do Yang), unha convivencia no Conservatorio de Música e unha excursión a Illa de San Simón con visita ó Museo Meirande. Tal como explica o presidente do Redondela F.S., Julio Mougán, trátase “dun bo premio para os rapaces que rematan o curso escolar”. O concelleiro de Deportes, Jesús Crespo, anima tamén ás familias para que ofreza ós seus fillos a posibilidade de comezar as vacacións escolares “dun xeito lúdico e practicando deporte”. O custe do campus é de 45 euros e inclúe agasallos e sorteos na xornada de clausura. As actividades realizaranse no Pavillón e a Piscina Municipais de Redondela. Todos aqueles que queiran formalizar súa inscrición poden facelo a través do e-mail do club ( f.s.redondela@hotmail.es ) ou chamando ó teléfono 676282722.  

Julio Mougán presidente Redondela F.S.
O campus quere ser unha alternativa lúdica e saudable para os rapaces.
Jesús Crespo concelleiro de Deportes
O edil anima ás familias para que os seus fillos participen nesta actividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará