Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paro cae en 130 persoas e Redondela baixa dos 3.000 desempregados

RR_Noticias

Logo de catro meses encadeando baixadas consecutivas, o bo comportamento do emprego durante o mes de maio permite que as listas do INEM no noso concello baixen dos tres mil desempregados, sendo a día de hoxe 2.956 as persoas que se atopan á espera de asinar un contrato laboral. Na comarca atoparon emprego no último mes 220 persoas, con descensos en todos os concellos
 

Se analizamos os datos de Redondela habería que remontarse a setembro do pasado ano para atopar un dato que mellore o actual cando son 2.956 as persoas que se atopan inscritas nas listas do INEM logo de que se producira un descenso durante o mes de maio, cando foron 130 as persoas que atoparon emprego.
Un descenso que se produciu tamén no resto dos concello da comarca. En Soutomaior o número de parados sitúase en 927 logo de diminuír en 56 persoas respecto do mes anterior, en pazos de Borbén son 485 o número de parados, 18 menos que en abril e en Fornelos de Montes son 227 persoas as que se atopan en situación de busca de emprego, 16 menos que no mes anterior.

O paro en Galicia baixou en 6.573 persoas durante o mes de maio. Segundo os datos feitos públicos hoxe polo Goberno, hai na comunidade 283.886 demandantes de traballo inscritos nos servizos públicos de emprego, un 2’26% menos que en abril.
No cómputo estatal, maio termina cunha baixada histórica do paro con 98.265 menos que en abril e situando o número de desempregados por baixo dos cinco millóns, exactamente en 4.890.928 desempregados,. Trátase do mellor dato dun maio desde 1996, nun mes tradicionalmente bo para o mercado laboral. Outro indicador que mellora é o da afiliación á Seguridade Social, con 134.660 altas máis

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará