Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela debate uns orzamentos de 16,2 millóns de euros

RR_Noticias

O capítulo de investimentos sitúase en 1.150.000 euros neste exercicio. Entre as partidas máis salientables atópamos  400.000 euros destinados ao Plan Marisma, 290.000 euros en obras de abastecemento e saneamento e unha partida de algo máis de 162.000 euros que se distribuirán a través dos consellos parroquias. A edil Ana Mª Alonso apela “á responsabilidade dos grupos da oposición” para sacar adiante os orzamentos.  

A Concelleira de Economía e facenda, Ana Mª Alonso salienta destas contas económicas “o esforzo investidor do goberno” con 1,1 millón de euros destinados a financiar obras de abastecemento e saneamento nas parroquias e actuacións tales como expropiación de terreos, eliminación de barreiras arquitectónicas, e sobre todo financiar o Plan marisma Máis con 400.000 euros. Unha partida aínda pendente de definir pero que podería servir para concluír a obra de reforma da zona deportiva de Santa Mariña ou acondicionar o antigo colexio de Trasmañó para outros usos. Un apartado de investimentos que recolle tamén unha achega de 30.000 euros para o proxecto arqueolóxico en Monte Penide e algo máis de 15.000 euros destinados á posta en marcha da Aula de interpretación da batalla de Rande “Meirande”. Salienta a edil que por primeira vez a liquidación do exercicio 2012 é positivo “aínda despois de asumir durante este ano as facturas que tiñan quedado no caixón dos anteriores anos do bipartito por case 700 mil euros”, lográndose así a estabilidade orzamentaria que permitirá “non ter que presentar un plan de viabilidade para o concello e evita que se teña que incrementar as taxas e impostos que pagan os veciños” . A edil agradece a colaboración dos representantes da Agrupación de Electores de Redondela “polas súas achegas” nas reunións mantidas de cara á elaborar un orzamento de consenso e apela “á responsabilidade dos grupos da oposición” para aprobar unhas contas que segundo Ana Alonso “permitirán rebaixar o nivel de endebedamento do concello e afrontar as melloras que as parroquias necesitan en servizos básicos como saneamento ou arranxo de camiños”. O pleno celébase hoxe martes ás 20:00 horas.  

Ana Mª Alonso edil de Economía e fancenda
A concelleira salienta os investimentos recollidos no orzamento
Estabilidade orzamentaria
Unha situación que evita ter que subir taxas e impostos
Agradecementos a AER
A concelleira amósase satisfeita coa colaboración de AER
Chamamento á oposición
Entende que apoiar estes orzamentos é unha cuestión de responsabilidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará