Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior lembra á Marquesa de Ayerbe no Día da Muller

RR_Noticias

A Concellería de Muller de Soutomaior organiza este venres dúas citas de animación sociocultural para mulleres co gallo da celebración nesa data do día internacional da muller. Aproveitarase a data para presentar o libre “As mulleres na Historia de Galicia” e unha das súas autoras Silvia Cernadas ofrecerá unha charla sobre a Marquesa de Ayerbe.

Descubrindo á Marquesa de Ayerbe, historia dunha muller adiantada ao seu tempo, é o título da charla que impartirá a historiadora Silvia Cernadas Martínez na biblioteca de Arcade o  día 8 ás 19:00 horas. Un relatorio  que servirá aos asistentes para se achegar a figura desta muller que residiu no Castelo de Soutomaior e que fixo importantes achegas ao feminismo de principios do século XX. Previamente terá lugar a presentación do libro “As mulleres na historia de Galicia”.
Aproveitando a conmemoración do Día da Muller, a concellería organiza dúas actividades de animación sociocultural. En horario de mañá, entre as 11 e as 12:30, desenvolverase un obradoiro de memoria baixo o título “Compartindo historias”. Xa pola tarde as persoas interesadas poden participar dun obradoiro de risoterapia que arrancará ás cinco da tarde cunha duración de hora e media. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 7 de marzo. Ambas as dúas actividades desenvolveranse no centro de maiores, na Alameda de Talorío en Arcade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará