Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Escola Oficial de Idiomas abre a matrícula para cursar estudos de inglés en Redondela

RR_Noticias

O IES Pedro Floriano ofrece aos veciños de Redondela e comarca unha nova proposta educativa. Trátase dunha sección da EOI, adscrita á de Vigo, na que poderán cursar estudos oficiais de inglés. A matrícula esta aberta ata o 12 de xullo para o nivel básico 1, e ata o 12 de setembro para o nivel intermedio 1, que son os que se impartirán o próximo curso 2012-2013.

Os interesados en matricularse na sección da EOI no IES Pedro Florini poden facer xa a súa preinscrición a través da páxina web www.eoidigital.com/preinsxunta. O prazo está aberto desde hoxe, día 27, ata o próximo 12 de xullo para o nivel básico 1. Para o nivel intermedio 1, o prazo prolóngase ata o 12 de setembro. O novo director xeral de Educación, Manuel Corredoira, e o xefe territorial da Consellería, César Pérez, visitaron onte o Concello redondelán para presentar a iniciativa. Os dous coincidiron ó salientar que se trata de dar resposta “a unha antiga demanda dos veciños de Redondela” . Corredoira salientou que se trata de dar “un paso máis” para seguir ampliando a oferta educativa en linguas estranxeiras, achegando as aulas ós cidadáns. Unha boa nova non só para os veciños de Redondela senón tamén para os do resto da comarca, que evitan así ter que desprazarse ás cidades de Vigo ou Pontevedra. Para a concelleira de Ensino de Redondela, Teresa París, trátase dunha boa oportunidade para que todos aqueles que o desexen poidan “completar a súa formación”, e confía en que a resposta dos veciños da comarca se traduza nun elevado número de matriculados. As aulas abrirán as súas portas no IES Pedro Floriani no curso 2012-2013 logo de que a Consellería de Educación lle concedera ao instituto esta sección da EOI adscrita á de Vigo. A oferta inclúe tres grupos de primeiro nivel básico e catro de primeiro nivel intermedio.  

Manuel Corredoira director xeral de Educación
Corredoira destaca a aposta da Xunta pola promoción das linguas estranxeiras.
César Pérez xefe terrorial
Pérez amósase saiseito por cumprir cunha vella demanda dos redondeláns.
Teresa París concelleira de Ensino
A edil salienta que se trata dunha boa oportunidade para os veciños de toda a comarca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará