Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia o abandono das areas recreativas do concello e o atraso na limpeza dos areais

RR_Noticias

Acusan ao goberno local de “falta de previsión” á hora de atender ás necesidade de limpeza e acondicionamento das zonas rurais de Redondela, tanto no referentes aos seus camiños como ás areas recreativas que segundo denuncian “atópanse en moitas parroquias en estado de abandono, cubertas por maleza  e co mobiliario deteriorado”.

Poñen como exemplo desta situación a área recreativa da Moucheira “á que era imposible de acceder o pasado fin de semana”,  ou a area de descanso da Fonte do  Cutiño na parroquia de Reboreda.
A todo isto engade o atraso dos traballos de limpeza de praias, xa que segundo aseguran dende o BNG “en anos anteriores este servizo iniciábase a principios de xuño, levándose a cabo un traballo de mantemento todo o ano”. Contrariamente este anos esas labores de limpeza dos areais ven de iniciarse “practicamente canto estamos rematando o mes de xuño”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará