O Concello de Redondela acenderá hoxe as luces de Nadal en todo o municipio, pero anuncia que se suspende o acto programado para este sábado na Alameda Rosalía de Castro en Chapela, incluídos o pasarrúas de Troula Animación e o espectáculo «O soño de Lúa» por mor da previsión de chuvia. No centro da vila si se celebrarán os actos previstos para hoxe que inclúen espectáculo de rúa ás 19:00 horas e acto de acendido ás 20:00 horas na praza do concello.
O Concello asegura que buscará unha nova data para recuperar a celebración en Chapela. Polo momento, non hai unha data alternativa confirmada.









