Hoxe é Sábado 28 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PP e BNG rexeitan crear unha Comisión de Toponimia e reclaman ao goberno que corrixa de oficio os erros na sinalización

topónimos

O pleno de Redondela rexeitou a proposta do PSOE, presentada a petición da asociación Alén Nós, para crear unha Comisión Técnica de Toponimia que revise os nomes de rúas e camiños e evite novas deturpacións. PP e BNG coincidiron en que non cómpre crear un novo órgano, senón que o goberno municipal debe asumir as súas responsabilidades e solucionar os erros que hai na sinalización viaria. “Para corrixir placas non fai falta unha nova comisión senón poñerse a traballar e non crear novas trabas burocráticas”.

Os socialistas levaron ao pleno de onte unha moción da Asociación Alén Nós para a creación dunha Comisión Técnica de Toponimia que asesore o Concello na revisión, normalización e correcta identificación dos nomes de lugares e vías públicas do municipio.

A iniciativa parte da preocupación pola proliferación de erros na sinalización e na cartelería de rúas, camiños e estradas das distintas parroquias de Redondela. Segundo sinalaba a moción detéctanse casos de deturpación de nomes tradicionais, denominacións sen suficiente base documental e confusións á hora de identificar a categoría dos vieiros, empregando incorrectamente termos como «rúa» ou «camiño».

A moción lembra que a toponimia constitúe unha parte fundamental do patrimonio cultural e da memoria colectiva dun territorio, xa que os nomes dos lugares recollen a súa historia, a evolución da paisaxe e a relación das diferentes xeracións coa súa contorna.

A voceira do PSOE, Ríta Pérez explicaba que con esta Comisión se contaría cun órgano para revisar os nomes existentes que presenten erros ortográficos, deturpacións ou controversias, así como a elaboración de criterios para establecer correctamente a clasificación das vías públicas. A comisión tamén emitiría informes sobre as novas denominacións de rúas, prazas, camiños, estradas e demais espazos públicos antes da súa aprobación oficial. Así mesmo, colaboraría na actualización do rueiro municipal e na coordinación con outras administracións, como o Catastro ou a Xunta de Galicia.

Salientan tamén na moción que este órgano sería útli non só por motivos culturais e lingüísticos, senón tamén por razóns económicas e administrativas. A corrección dos nomes antes de instalar a sinalización permitiría evitar os gastos derivados da substitución de placas incorrectas e reducir posibles problemas nas bases de datos utilizadas por servizos como Correos, o Catastro ou as emerxencias.

Rita Pérez, PSOE

O BNG amosaba o seu apoio “a calquera medida que teña como obxectivo recuperar e poñer en valor a toponimia e microtoponimia” así como todas as propostas e denuncias que a asociación Alén Nós desenvolve no ámbito cultural. Malia todo reclamaban ao PSOE que deixara a moción sobre a mesa e trouxeran ao pleno unha normativa que regule esta cuestión “o goberno ten que facer o seu traballo”

Xoán Carlos González, BNG

O PP recriminaballe aos socialistas que logo de máis de sete anos no goberno precisen dunha moción presentada por unha asociación cultural para cumprir coas súas obrigas “o que teñen que facer é actuar, se hai erros na sinalización terán que corrixilos; se hai placas ou denominacións equivocadas, terán que solucionalo”. A popular reclamaba “menos anuncios, comisións e máis xestión”.

Cristina Blanco, PP

Malia que o PSOE sacaba peito sobre “o traballo que levamos feito durante estes anos” como os libros sobre toponimia editados dende o concello coa colaboración de diferentes veciñas e veciñas, es apelación non serviu para convencer ao resto dos grupos quqe votaron en contra da propostas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará