Hoxe é Mércores 7 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio local impulsa a súa competitividade cun novo programa de formación especializada

programa formativo aer

A Asociación de Empresas de Redondela inicia hoxe o seu Programa Formativo para o Comercio Local 2026, unha iniciativa destinada a reforzar as competencias profesionais dos establecementos e impulsar a modernización do sector a través de contidos centrados na comunicación, a xestión empresarial e a estratexia dixital. A presentación do ciclo formativo contou coa presenza do director xeral de  comercio, Gabriel Alén.

Este programa, financiado pola Dirección Xeral de Comercio, inclúe sesións especializadas en xestión empresarial, comunicación comercial, estratexia dixital, atención ao cliente e innovación aplicada ao pequeno comercio. As actividades desenvolveranse ao longo das próximas semanas en formato presencial, con prazas limitadas e inscrición gratuíta para os establecementos asociados.

A sesión inaugural, titulada “Impulso Comercial 360: Coñécete, lidera e transforma o teu comercio”, celebrouse na mañá de hoxe cunha sesión centrada no autocoñecemento, o autoliderado e na estratexia, con aplicación directa ao día a día dun pequeno negocio.

A actividade correu a cargo de Isorna Juncal e Begoña R. Collazo, profesionais da empresa Intrategia, entidade especializada en desenvolver habilidades de liderado, cohesión de equipos e cultura corporativa centrada nas persoas.

O novo ciclo foi presentado polo Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, quen destacou o compromiso da Dirección Xeral de Comercio co desenvolvemento do tecido comercial de proximidade e a importancia de ofrecer ferramentas que permitan aos comerciantes adaptarse ás novas demandas do mercado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará