Hoxe é Luns 21 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Beatriz Queiro conquista dous podios no Mundial de Poomsae

beatriz

Foto: Isabel Queiro, imaxe de arquivo

A deportista do Club de Taekwondo Omnihum, Beatriz Queiro trae para Redondela as dúas únicas medallas galegas de todo o campionato. A taekwondista galega, xunto ao catalán José Manuel Marín, proclamouse subcampioa do mundo en parellas de máis de 60 anos e suma o seu segundo podio mundial consecutivo nesta categoría. A redondelá logrou tamén a medalla de bronce na categoría individual -65.

A deportista redondelá regresa do Campionato do Mundo de Poomsae de Chuncheon con dúas medallas tras subir novamente ao podio na xornada de onte. Despois de conquistas o día anterior a medalla de prata en Parellas +60 xunto ao catalán José Manuel Marín, a deportista pechou a súa participación mundialista cun novo metal, neste caso o bronce na categoría individual feminina de -65 anos.

A primeira vitoria chegou o sábado, cando a parella galego-catalá iniciou o seu percorrido cunha vitoria fronte a Gran Bretaña e continuou avanzando tras superar a Rusia e Austria, resultados que lle permitiron acceder á final. Na loita polo título mundial, Queiro e Marín Fernández enfrontáronse a Alemaña e finalizaron coa medalla de prata.

Queiro logras así facerse co seu segundo podio mundial nesta categoría xunto ao mesmo compañeiro. No Mundial de Hong Kong de 2024, Beatriz Queiró e José Manuel Marín xa lograran subir ao podio, daquela coa medalla de bronce. A parella logra agoara mellorar aquel resultado e facerse coa medalla de prata.

A redondelá volvía subirse ao podio tras quedar terceira na categoría individual feminina de -65 anos logrando así o bronce e a segunda medalla para o combinado galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará