Hoxe é Mércores 16 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O XXI Concurso de Fotografía Fernando Monroy incorpora unha nova temática sobre o patrimonio de Redondela

concurso

O Obradoiro de Cesantes abre o prazo de participación no seu XXI Concurso de Fotografía, que este ano incorpora como novidade unha nova temática dedicada ao patrimonio etnográfico do Concello de Redondela. O prazo para presentar os traballos permanecerá aberto ata o 10 de novembro.

Nesta edición, as persoas participantes poderán presentar fotografías na tradicional categoría de temática libre ou optar pola nova proposta centrada no patrimonio etnográfico de Redondela. Tamén será posible combinar ambas as temáticas, cun máximo de catro fotografías por participante.

A incorporación desta nova modalidade responde, segundo explica a organización, ás peticións de numerosos participantes e socios, interesados en poñer en valor a riqueza patrimonial e cultural do municipio.

Outra das novidades dos últimos anos foi a creación dunha categoría infantil, que tivo unha notable acollida na pasada edición. O éxito desta modalidade contribuíu tamén ao incremento da contía dos premios, que este ano ascende xa a 1.400 euros.

As fotografías deberán enviarse en formato dixital ao correo electrónico obradoiro@estudoslocais.org e tamén en formato papel ao apartado de correos 012, 36800-Redondela. Os traballos poderán entregarse igualmente nas tendas de fotografía colaboradoras Cal-3 e Polaris, así como no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, e no Centro Cultural e na Farmacia Muíños, en Cesantes.

As bases do concurso están dispoñibles nos trípticos distribuídos por diferentes puntos do municipio, na web do Obradoiro e a través dos códigos QR incluídos nos carteis promocionais repartidos por Redondela e os seus arredores.

O prazo para presentar os traballos remata o 10 de novembro. O xurado dará a coñecer o seu fallo ao longo dese mesmo mes e, poucos días despois, celebrarase o acto de entrega dos premios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará