Hoxe é Mércores 19 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sufocado o lume forestal de Comboa en Soutomaior tras calcinar preto de dúas hectáreas

luume

Susto no barrio de Comboa en Soutomaior polo lume declarado e primeira hora da tarde de onte martes e que ameazou ás vivendas próximas. Na extinción do lume traballaron medios aéreos e terrestres que lograron estabilizar as lapas en torno ás 18:00 horas. O lume declarouse nunha zona de eucalipto e monte, próxima ao río Verdugo. Os medios aéreos puideron realizar descargas a menor distancia, impedindo o avance das chamas cara á zona poboada.

Efectivos de terra e medios aéreos da Xunta de Galicia traballaron desde o mediodía na extinción dun lume orixinado en Comboa, preto da praia fluvial do río Verdugo e que chegou a aproximarse a algunhas casas. Fontes de Medio Rural confirmaron a estabilización do lume ás 18:00 horas. Na intervención participaron un técnico, catro axentes, oito brigadas, sete motobombas, tres helicópteros e catro hidroavións, ademais de medios terrestres que se foron incrementando ao longo da tarde.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo explicaba nos nosos micrófonos como se viviron esas horas dende o inicio do lume cando as lapas chegan a entrar incluso nalgunhas propiedades ata que o incendio se deu por extinguido.

A superficie afectada polo incendio ascende a 1,65 hectáreas. As chamas chegaron a estar preto dalgunhas vivendas, pero os traballos de control permitiron perimetrar a zona sen que se lamentasen danos en casas ou construcións.

As causas do incendio descoñécense, malia que se apunta ás condicións meteorolóxicas cunha xornada de temperaturas de 34 graos como un factor determinante neste incendio peor non o único. Tal e como apuntaba o alcalde “non adoitan ser lumes orixinados de maneira fortuíta”.

 A Consellería de Medio Rural lembra os teléfonos 085 e 900 815 085 para alertar sobre incendios forestais ou actividades delituosas relacionadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará