Hoxe é Luns 17 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira celebra tres días de festa con Pili Pampín, La Conexión e Metrópolis

festas cedeira

A parroquia de Cedeira xa está preparada para vivir as súas festas patronais, que se celebrarán os días 20, 21 e 22 de agosto na honra a San Bernardo e San Roque. A programación combina actos relixiosos, música, tradición e actividades para todas as idades. La Conexión, a orquestra Metrópolis e Pili Pampín serán algunhas das actuación previstas nas verbenas nocturnas.

As celebracións arrancarán o xoves 20 de agosto, a partir das 10:00 horas, coa entrada e pasarrúas da Unión Musical de Tenorio. Ao mediodía terá lugar a misa solemne cantada pola Coral A Raíña de Cedeira, seguida da procesión. Pola noite, a partir das 21:00 horas, a verbena estará amenizada polo grupo La Conexión.

O venres 21 será unha xornada especialmente pensada para a diversión dos máis pequenos, con xogos para nenos e nenas desde as 18:00 horas. A noite chegará con forza coa actuación da Orquestra Metrópolis e o grupo Luces de Bohemia, encargados de poñer música á verbena.

O sábado 22 de agosto, a festa volverá mesturar tradición e celebración. Ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne na honra de San Roque, seguida da procesión e da actuación dos Asubíos de Porta Cedeira. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, a banda de gaitas e percusión Foula percorrerá a parroquia.

Xa pola noite, a verbena correrá a cargo da Orquestra D’Noche, acompañada pola atracción Pili Pampín, nunha das citas máis agardadas do programa festivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará