O curso ten unha duración de 30 horas e desenvolverase no Multiúsos da Xunqueira a partir do 4 de setembro. As sesións impartiranse os mércores e venres, entre as 17.00 e as 19.30 horas, cun custo subvencionado de 50 euros.
O prazo de preinscrición que arrancou o pasado 7 de agosto pecharase este mércores día 19. As persoas interesadas en participar deberán realizar a súa inscrición a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica. Unha vez confirmada a praza, as persoas admitidas disporán de tres días hábiles para efectuar o pagamento.
A actividade, organizada dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, busca eliminar as barreiras de comunicación no municipio e mellorar a integración da persoas xordas.










