Hoxe é Luns 17 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e Ares, loita fraticida pola permanencia

chapela remo

Foto: Machremo

Non hai respiro para as dúas embarcacións galegas que militan na máxima categoría do remo, a Liga ACT, e que continúan pelexando por evitar unha posición que as condenaría ao descenso directo á Liga Galega de Traiñeiras. Son tan só catro as regadas que restan para acabar a competición e o obxectivo é claro: alcanzar a penúltima praza, o que lles daría unha esperanza de permanencia. Chapela revivía este sábado en Pasaia pero a cita do domingo en Getaria  volve condenala a última posición da clasificación, empatada a 46 puntos con Ares. Pola súa banda, as remeiras de Chapela pechan a tempada cun meritorio segundo posto na Liga Feminina.

Boa actuación da embarcación de Chapela na contrarreloxo celebrada o sábado. Lograban clasificarse oitavos na bandeira de Pasaia  e situarse por diante de Ares na clasificación xeral o que lles permitía un respiro. Con todo, a alegría durou menos de 24 horas. Na competición do domingo, Chapela, malia a súa boa actuación, entraba na meta en novena posición adiantando a outras tres embarcacións pero por detrás de Ares, rival directo pola permanencia. Cedía así os dous puntos de marxe conseguidos o sábado e regresa a última posición.

Dúas embarcacións que continúan empatadas a puntos a tan só catro provas de que acabe unha tempada liderada por Orio.

As remeiras de Chapela pechan a tempada cun meritorio segundo posto na Liga Feminina

A Liga galega feminina pechou a tempada con vitoria para a embarcación de Salgado Perillo que confirmaron o título de  campioas cun total de 71 puntos, mentres que as de Chapela confirmaron a medalla de prata logo da última regada disputada este domingo en augas de Boiro onde se disputou a VII Bandeira Feminina rianxeira, proba que gañou a embarcación de Tirán Pereira.

Fin de semana que nos deixaba dúas regatas. O sábado en Castropol e o domingo en Boiro. Foron as atletas de Tirán Pereiro as que se impuxeron nesta proba ante a tripulación de Perillo, que perdeu a súa única e última regata. Malia todo, as mozas de Salgado- Perillo confirmaron o título de Campioas Galegas nunha clasificación xeral nas que as de Chapela se clasificaron en segundo lugar, logo de quedar cuartas na última regata da tempada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará