O espectáculo terá lugar na praza do Concello de Pazos este domingo 16 ás 20:00 horas ao abeiro do programa +Música da Deputación de Pontevedra. O grupo De Vacas ofrecerá o seu espectáculo Rebovina Divas Live.
Un espectáculo da súa última xira no que o grupo fan homenaxe ás grandes divas do pop: Whitney Houston, Celine Dion, Mónica Naranjo, Britney Spears, Beyoncé… “todas elas compañeiras de traballo, da vida e do amor, que acompañaron coas súas cancións momentos felices”.
As letras, o seu sinal de identidade, seguen na liña do compromiso co feminismo, o ecoloxismo ou a poesía. As harmonías de voces e guitarra marcan o carácter dun grupo que explota a enerxía ao extremo no escenario.









