Hoxe é Xoves 13 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nace Ghramalleira, unha nova asociación para impulsar o folclore e a cultura galega en Soutomaior

gramalleira

Soutomaior conta cunha nova asociación dedicada á música e ao baile tradicional. Trátase de Ghramalleira, un colectivo formado inicialmente por 17 persoas que nace coa intención de preservar e difundir a cultura galega. A presentación oficial será na tarde de hxoe xoves, ás oito e media, nos xardíns da Casa do Concello. O acto servirá tamén para dar a coñecer un proxecto que busca ser un espazo de ocio que serva para compartir coñecementos e socializar ademais de organizar actividades relacionadas coa cultura.

Vanesa de Cortellas

Ghramalleira ten a súa sede no obradoiro de Seoane, en Alxán, onde xa están en marcha diferentes actividades. O colectivo ofrece formación en baile, pandeireta, percusión e gaita e prevé ampliar progresivamente a súa programación.

De feito, a asociación quere incorporar tamén outras propostas relacionadas coa cultura galega, entre elas actividades vinculadas á gastronomía e á etnografía. Unha programación coa que buscan converter o colectivo nun punto de encontro para persoas de diferentes idades.

O nome de Ghramalleira tamén ten unha orixe tradicional, fai referencia as cadeas que penduraban das lareiras para soster o pote, Un nome que o colectivo emprega agora como símbolo da unión entre o folclore e a sociedade.

Na actualidade son 17 as persoas que forman parte da asociación, de diferentes idades e procedentes de Soutomaior e da súa contorna. Teñen en común o interese e o compromiso coa cultura galega e agora queren abrir o proxecto á participación doutras persoas.

O acto desta tarde servirá precisamente para presentar Ghramalleira á veciñanza, dar a coñecer as súas actividades e animar a quen comparta esta paixón a sumarse ao colectivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará