Hoxe é Mércores 12 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Praias, peiraos e zonas altas para gozar da eclipse

peneda

Os e as veciñas de Redondela e contorna que renunciaron a desprazarse para ver o fenómeno astronómico terán que conformarse cunha eclipse que non será do 100% pero que poderá ser observada dende practicamente calquera parroquia. Os expertos recomendan achegarse a un lugar que non teña ningún obstáculo que impida ver o horizonte. O emprazamento idóneo será un punto elevado ou as praias oriendatas cara o oeste e o momento álxido vivirase ás 20:30 horas coa máxima ocultación do sol.

A Policía Local de Redondela informa que a partir das 19:00 horas do día de hoxe procederase ao peche do tráfico de vehículos a motor no acceso a Peneda en O Viso con motivo da eclipse e ante a afluencia de persoas que se prevé que asistan ao lugar.

En Soutomaior, o Concello habilitará o Peirao de Arcade como punto de observación, un espazo aberto e con boa visibilidade cara ao oeste, fundamental para seguir un fenómeno que terá lugar a baixa altura sobre o horizonte.

Pazos decidiu celebrar este cita convidando a veciñanza a reunirse a partir das 17:00 horas na praza do Concello onde se desenvolverá unha programación destinada a todos os públicos, con obradoiros, inchables e actuación do grupo O Fiadeiro.

O fundamental para poder gozar dunha eclipse que, segundo os cálculos realizados polo Observatorio Astronómico Nacional comezará ás 19:42 e rematará contra as 21:18 horas de hoxe mércores, sendo o momento de máxima ocultación do sol as 20:30 horas, é achegarse a un lugar no que o horizonte se poida ver sen ningún obstáculo. Nas rías Baixas e na nosa zona a totalidade non é total pero malia todo poderemos gozar dun espectáculo único.

Alejandro Rodríguez, Asociación de Astrofotografía Polaris

Ao producirse ao solpor, os expertos recomendan polo tanto  escoller un lugar cun horizonte completamente despexado cara ao oeste, sen edificios, montañas nin árbores que impidan a visión e facelo sempre coas gafas homologadas para evitar calquera dano nos ollos. Pero ademais de mirar cara ao ceo, tamén animan a prestar moita atención ao que sucede ao noso arredor, especialmente a como se comportan os animais.

Lembramos que na nosa contorna o goberno de Pazos de Borbén decidiu celebrar este cita convidando a veciñanza a reunirse a partir das 17:00 horas na praza do Concello onde se desenvolverá unha programación destinada a todos os públicos, con obradoiros, inchables e actuación de O Fiadeiro.

A proposta pretende aproveitar a expectación xerada polo eclipse para combinar divulgación, actividades familiares e cultura, á espera de que o fenómeno astronómico alcance o seu momento de máxima intensidade ao final da tarde.

Victoria Couñago, concelleira de Cultura de Pazos

De feito, a concelleira de Pazos de Borbén, Victoria Couñago salientaba precisamente estas características da praza do concello da localidade o que a converten “nun lugar privilexiado para observar este fenómeno e tamén a chuvia das Perseidas que se espera para esta mesma noite”.

O Concello de Soutomaior habilitará o Peirao de Arcade como punto de observación, un espazo aberto e con boa visibilidade cara ao oeste, fundamental para seguir un fenómeno que terá lugar a baixa altura sobre o horizonte.

A chegada desta cita astronómica estivo acompañada por unha campaña municipal de divulgación e concienciación. O Concello repartiu un total de 2.000 lentes homologadas para a observación da eclipse, que xa están completamente esgotadas debido á gran demanda por parte da veciñanza. Esta iniciativa completou a xornada divulgativa celebrada o pasado 11 de xullo, na que se explicou como se produce unha eclipse solar e se ofreceron recomendacións para poder observala de maneira segura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará