Hoxe é Sábado 25 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colectivo Republicano convoca unha nova protesta en Cesantes pola celebración do Sinsal en San Simón

illa

O Colectivo Republicano de Redondela volverá concentrarse este domingo 26 de xullo en Cesantes para reclamar o recoñecemento da Illa de San Simón como espazo de memoria histórica, coincidindo coa celebración do festival Sinsal no enclave insular. A xornada reivindicativa, baixo o lema «San Simón: Illa da Memoria! Respecto ás vítimas», dará comezo ás 12:00 horas na Punta da Praia de Cesantes e incluirá intervencións de colectivos memorialistas e formacións políticas, unha representación teatral e un acto simbólico no mar coa participación das madriñas e doutras embarcacións.

O programa rematará cunha homenaxe ás persoas presas na Illa durante a represión franquista, diante do monólito situado en San Simón, nun acto acompañado por música.

Juan Manuel Alfaya

A mobilización dá continuidade á protesta celebrada o pasado ano polo mesmo colectivo, na que arredor de 200 persoas participaron nunha concentración para expresar o seu rexeitamento á celebración do festival Sinsal na Illa.

O Colectivo Republicano de Redondela sinala que a súa posición non é contraria ao uso da Illa, senón á realización de actividades que, ao seu xuízo, non teñen en conta a súa historia como antigo campo de concentración franquista. A entidade defende que San Simón debe manterse como un lugar de memoria, homenaxe ás vítimas e divulgación histórica.

Con esta nova convocatoria, o colectivo pretende renovar a reivindicación de que a protección do valor memorial da Illa sexa un criterio central na planificación das actividades que se desenvolvan neste espazo.

Morta

Neste sentido explican que do mesmo xeito que non sería aceptable que se celebrasen “festas en Auschwitz, concertos en Dachau ou desfiles de moda en Buchenwald” tampouco se poden permitir este tipo de propostas no que foi un campo de concentración en tempos do franquismo. Reclaman á Xunta que non se permita na Illa a celebración de “eventos privados, festas e celebracións alleas á dor que alí se viviu”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará