Hoxe é Martes 21 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes despide as Festas do Carme coa música de Kubo

festa carme

Logo de catro días de celebracións a parroquia de Cesantes pecha hoxe as súas festas patronais na honra do Virxe do Carme. A xornada comezou co pasarrúas da charanga Mil9 e, ás 19.00 horas, está prevista que saia desde a punta da praia a procesión terrestre, acompañada pola Banda Unión Musical de Tenorio. A continuación celebrarase a misa solemne, cantada pola Coral Pedra Blanca de Cesantes. O fin de festa correrá a cargo da orquestra Kubo encargada de amenizar a verbena nocturna a partir das 23:00 horas.

A devoción á Virxe do Carme en Cesantes mantense viva desde hai xeracións e constitúe unha das tradicións máis arraigadas na parroquia. Nesta edición as festas arrancaron o pasado venres e chegan ao seu remate hoxe luns nunha xornada na que non faltan os actos relixiosos nin as actividades festivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará