Un incendio declarado de madrugada no Camiño do Val do Muíño na parroquia do Viso deixa unha persoa ferida con queimaduras nun brazo. e provocou a morte de catro ovellas. O lume, do que o 112 Galicia recibiu aviso pouco antes das 3:20 horas, provocou a norte de catro ovellas, calcinou cinco galpóns, dous coches e un motocultor.
Segundo explican dende a Policía Local de Redondela e o 112 galicia a persoa ferida -fillo da propietaria do inmoble incendiado- sufriu queimaduras nun brazo e foi trasladado en ambulancia do 061 ao Hospital, mentres que os servizos de extinción lograron evitar que a vivenda se vira afectada polo lume, no que morreron catro ovellas. As lapas terminaron por calcinar cinco galpóns, dous coches e un motocultor.
O 112 Galicia recibiu aviso deste incendio minutos antes das 3:20 horas, a través dun particular que explicou que ardían uns alpendres próximos á súa vivenda no Camiño do Val do Muíño no Viso.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Porriño e os axentes da Garda Civil, da Policía Nacional e axentes da policía local. Tamén se informou ao persoal do distrito forestal da zona, dependente de Medio Rural.









