A Festa da Chanfaina e a carne do Suído regresa esta fin de semana a Fornelos de Montes, Unha cita gastronómica máis que consolidada na súa XXII edición onde a calidade do produto é a súa sinal de identidade, xa que os comensais degustarán pratos elaborados de xeito artesanal con carne de animais criados en liberdade, produtos que se poderán degustar no lugar acompañados de patacas fritidas e pan a prezos populares -entre os 6 e os 10 euros- ou levalos para casa.
A chanfaina fornelense, un prato elaborado con chourizo tradicional e acompañado de patacas, dous ovos fritidos e pan de millo e servido a 8 euros é o prato estrela dunha festa que atrae a unhas 1.500 persoas.
Unha celebración que reúne a centos de veciños e visitantes que se achegan a este municipio co único obxectivo de degustar o produto. De feito, se nos inicios dende a comisión tiraban de pregoeiros coñecidos para atraer un maior número de xente, a día de hoxe renuncian a calquera tivo de “gancho” porque a festa xa se vende por sí soa, segundo explica Cayetano Tamañó
Unha cita gastronómica que mantén os prezos de anos anteriores con racións abondosas que oscilan entre os 6 euros do prato de chourizos con patacas, oito euros a chanfaina fornelense e os dez euros do prato de carne de tenreiro do Suído.
Durante todo o día haberá música coa agrupación Nocturnos de Balde a partir das doce do mediodía, mentres que pola tarde a música correrá a cargo do trío Tic Tac, grupo encargado tamén do fin de festa.
Unha cita gastronómica organizada pola comisión de festas de San Lourenzo de Fornelos en colaboración co concello e que contara con carpa para garantir a comodidade dos comensais.










