Hoxe é Xoves 16 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carmen Castro e Iván Vázquez reciben o distintivo “Orgullo Redondelán”

orgullo

O Concello de Redondela recoñece así os méritos deportivos da xogadora de balonmán Carme Castro e o técnico Iván Vázquez, que esta temporada gañaron o título da EHF European Cup co balonmán Atlético Guardés.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de deportes, Antonio Cabaleiro, presidiron o acto oficial de homenaxe a Carme Castro Viaño e Iván Vázquez Darriba. Tanto a xogadora como o preparador físico militan no Balonmán Atlético Guardés, co que gañaron esta temporada o campionato internacional EHF European Cup.  teñen ademais un forte vínculo co deporte local. Castro Viaño formouse no Balonmán Chapela, do que pasou ao BM Porriño antes de fichar polo Guardés en 2022. Vázquez Darriba comezou na SAR de Redondela como xogador, club no que agora é adestrador, labor que compaxina coa de preparador físico no equipo da Guarda.

Castro e Vázquez agradeceron o recoñecemento do Concello redondelán, que recolleron aproveitando os días de descanso dos que gozan antes de incorporarse ao traballo nas filas do club da Guarda nos vindeiros días.

Rivas destacou que o distintivo ‘Orgullo redondelán’ premia o seu rendemento como xogadora e como técnico, respectivamente, que tivo o seu cume esta temporada co título europeo. O edil de deportes gabou a traxectoria da xogador e o preparador, na elite do balonmán estatal. como un referente absoluto para toda a base do deporte local. A xogadora estivo arroupada pola súa familia, e tamén asistiu ao acto o concelleiro da corporación municipal Xoán Carlos González.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará