Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A banda sonora dos 60 no Multiusos

RR_Noticias

Un musical desenfadado lembra esta noite no Multiusos a banda sonora da España dos anos 60 e 70. As encargadas de poñer en escena este musical forman parte da Asociación de Mulleres de Moaña. A cita é ás 21:30 horas.

Non é necesario ter vivido na década dos sesenta e os setenta para coñecer temas como o La la la de Massiel, Un rayo de sol de Los Diablos ou Mis manos en tu cintura de Salvatore Adamo. Letras e melodías que forman parte da cultura popular e que periodicamente son reinterpretados por novos artistas ou recuperadas en programas de televisión e discos recopilatorios. Uns temas que intercalados con sketchs cómicos se poderán ver hoxe no Multiusos da Xunqueira dentro do espectáculo que ofrece a Asociación de mulleres de Moaña ás 21:30 horas. O prezo da entrada para asistir a este festival de teatro e cancións dos anos 60 e 70 é de 5 euros. O ticket pódese adquirir na billeteira do Multiusos antes do inicio da función.  

Concha Trigo Asociación Mulleres de Moaña
Un festival de música e teatro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará