Hoxe é Xoves 2 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rafa Quintía leva a Pazos de Borbén o roteiro narrado No país das cousas marabillosas

rafel quintía

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica fará parada en Pazos de Borbén o vindeiro sábado 4 de xullo, coa proposta do escritor e narrador Rafa Quintía, que ofrecerá o roteiro narrado No país das cousas marabillosas na contorna da Senda Arqueolóxica de Amoedo – Carballo de Martiz.

A actividade dará comezo ás 20.00 horas e está dirixida a público adulto con acceso libre. O percorrido combinará a narración oral co patrimonio natural e arqueolóxico do lugar, convidando ás persoas asistentes a descubrir historias e lendas nun espazo singular.

A intervención de Rafa Quintía converterá a Senda Arqueolóxica de Amoedo nun escenario ao aire libre onde a palabra e a tradición oral volverán ser protagonistas, nunha cita que forma parte da programación da décimo cuarta edición do Festival Atlántica, que entre o 26 de xuño e o 10 de xullo percorre 33 concellos galegos cun amplo programa dedicado á narración oral, reunindo máis de medio cento de artistas e apostando por escenarios patrimoniais e naturais de todo o país.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará