Foto da Liga ACT
Chapela-Wofco viviu unha xornada histórica no seu debut na máxima categoría do remo de banco fixo tras o ascenso logrado a pasada tempada á liga ACT. A embarcación de Arealonga foi undécima nunha regata nun percorrido pouco habitual celebrado no embalse Riosequillo de Buitrago de Lozoya en Madrid.
Enfrontada a Santurtzi, mantívose competitiva durante boa parte da proba e asinou un notable último longo que lle permitiu reducir diferenzas e rematar a só seis segundos do conxunto vasco.
O equipo dirixido por Juan Zunzunegui tamén conseguiu superar a Ares, que pechou a clasificación, e quedou a escasos catro segundos de Lekittarra, un dos rivais directos naloita pola permanencia.
Na disputa pola primeira bandeira da tempada, Orio impúxose con autoridade desde o inicio, por diante de Zierbena e Donostiarra. A Liga ACT continuará a próxima fin de semana en augas vascas coa XVII Bandeiras deI Bilbao.












