Hoxe é Luns 29 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“As aves ao lusco e fusco”, a gran novidade dos roteiros de verán de Redondela

roteiros

A ruta, que se celebrará o vindeiro 19 de xullo no paseo peonil de Porto Cedeira, forma parte dun programa de 16 roteiros que se van desenvolver durante o mes de xullo e que inclúen rutas de sendeirismo, kaiak, visitas ao Cemiterio dos Eidos, as saídas “As Mulleres da Vila: Da Historia á Memoria” e a cita astronómica no Outeiro Grande, entre outras actividades. As persoas interesadas deben realizar inscrición previa a través do teléfono 986 401 713 ou do correo electrónico turismo@redondela.gal.

As concellería de Cultura e Sostibilidade organizan conxuntamente este programa de Roteiros Ambientais e Culturais para este mes de xullo. A oferta inclúe visitas con perspectiva social como o itinerario “As Mulleres da Vila: Da Historia á Memoria” (14 e 28 de xullo) ou os dous percorridos guiados ao Cemiterio dos Eidos (7 e 21 de xullo).

A gran novidade deste verán é a actividade “O Mundo das Aves e Outros Animais do Lusco e Fusco”, o domingo 19 de xullo de 19:45 a 22:00 horas. Neste roteiro os participantes poderán coñecer a biodiversidade deste espazo natural, ademais de poñer en valor paseo peonil de Porto Cedeira, unha infraestrutura litoral habilitada polo Concello para conectar a contorna urbana co mar a través dunha senda sostible de 2.000 metros.

O edil de Sostibilidade, Roberto Villar fixo fincapé no coidado ambiental que rexe estas actividades, lembrando que a maioría transcorren por espazos protexidos ou recuperados, como as rutas polos ríos Pexegueiro (11 de xullo) e Fondón (19 de xullo), ou o espazo arqueolóxico do Monte Penide (12 de xullo).

A programación complétase con saídas en kayak pola Enseada de San Simón e A Portela, a observación astronómica no Miradoiro do Outeiro Grande, paseos nocturnos en Cesantes e dúas visitas teatralizadas no Museo Meirande o sábado 25 . A maioría dos roteiros son de balde. Prazas limitadas. As persoas interesadas deben realizar inscrición previa a través do teléfono 986 401 713 ou do correo electrónico turismo@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará