Hoxe é Martes 23 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca Municipal “Luis Seoane” leva a lectura ás praias e parques con Biblio Verán

biblio verán

A programación desenvolverase entre finais de xuño e mediados de setembro, en horario de 17:30 a 20:00 horas, e percorrerá diferentes localizacións do municipio: o Parque de Aranza, en Soutomaior, os martes na Praia do Peirao de Arcade, os mércores na Praia da Veiguiña Longa de Comboa e os xoves na Praia da Xunqueira. Ademais do préstamo e devolución de libros, as persoas participantes poderán desfrutar dunha ampla variedade de actividades dirixidas ao público familiar e infantil.

A Biblioteca Municipal “Luis Seoane” volverá achegar este verán os libros e a animación á lectura aos espazos ao aire libre do concello a través do programa Biblio Verán, unha iniciativa que permitirá á veciñanza gozar dos servizos bibliotecarios en praias e parques durante os meses estivais.

O programa inclúe sesións de contacontos, obradoiros de manualidades, xogos relacionados co mundo animal, teatro de monicreques, palabras ao clareo, lecturas á beira do mar e propostas creativas como “Eclipsando contos”, “Cociñando contos” ou as “Cápsulas literarias e xogos de mesa”.

Ao longo das diferentes semanas tamén haberá actividades de karaoke, xogos con formas e diversas iniciativas para fomentar a lectura e a creatividade entre os máis novos. O ciclo concluirá en setembro cunha xornada especial de despedida do verán.

Con esta proposta, a Biblioteca Municipal “Luis Seoane” busca manter vivo o hábito lector durante as vacacións e achegar a cultura aos espazos de lecer máis concorridos do municipio, convertendo praias e parques en puntos de encontro arredor dos libros e da lectura.

A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, destacou a ampliación do programa, que este ano inclúe como novidade a zona de Aranza. Explica que a boa acollida que o programa recibe cada verán levou a dar un paso máis no servizo para achegar a lectura e a actividade cultural a un maior número de persoas e espazos do concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará