O C.D. Soutomaior deu un paso importante cara ao ascenso a Primeira Futgal tras impoñerse con autoridade ao S.D. Romay por 1-2 no encontro de ida da segunda eliminatoria. O partido de volta disputarase o vindeiro 21 de xuño no Campo do Capo Graciano Padín, onde o conxunto buscará certificar o ascenso.
Tamén foi unha xornada de celebración para o Chapela CF, que asegurou a súa presenza na final do play-off de ascenso a Segunda Futgal. No partido de ida da final, disputado este domingo, o Chapela venceu por 3-1 ao AD Lavadores. A eliminatoria decidirase na volta, que terá lugar o 21 de xuño no Campo de fútbol do Meixoeiro.
Pola súa banda, o C.D. Cesantes rematou cun empate a un gol o partido de ida da final fronte ao Noalla SD (1-1). Todo queda aberto para o encontro de volta, que se disputará o 21 de xuño na A Lanzada, onde se decidirá o ascenso.
Cómpre salientar tamén a participación do equipo de Veteranos do C.D. Cesantes, que se enfrontou ao C.D. Burgo 1973 nas semifinais da Copa Veteranos, nun encontro decisivo polo pase á final. Porén, non puideron superar a eliminatoria e caeron por 1-9. Deste xeito, a final da competición será entre o C.D. Burgo 1973 e o Puente Caldelas.










