Hoxe é Luns 15 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cóctel benéfico da Fundación Filomena Rivero Alonso a beneficio de Cáritas

victor

A Fundación Filomena Rivero Alonso, presidida por Gracia Regojo Bacardí, celebrará o vindeiro 16 de xuño ás 20:00 horas o tradicional cóctel benéfico que organiza anualmente. O acto terá lugar na Casona da Torre, en Cedeira e contará coa intervención do director das Coleccións Reais de Patrimonio Nacional, Victor Cageao.

Cageao ofrecerá unha charla sobre a historia e a actualidade da Galería das Coleccións Reais, inaugurada en 2023. Trátase dun espazo expositivo situado nun destacado edificio de arquitectura contemporánea integrado na contorna do Palacio Real de Oriente, en Madrid.

O prezo da entrada é de 20 euros e inclúe tanto a asistencia á conferencia como ao cóctel posterior. As entradas poden adquirirse no Café da Vila de Redondela ou reservarse a través do correo electrónico: info@fundacionfilomena.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará