O Club MeigArco de tiro con arco continúa a acumular éxitos esta tempada.
No recente Campionato de España de Campo, a arquera Mel Sanjorge protagonizou unha actuación memorable. Na final polo bronce, fronte a Mar Pérez, chegou á última diana perdendo por un punto, pero un excepcional 6,5 e 3 permitiulle dar a volta ao marcador e conquistar a medalla de bronce individual. Ademais, xunto a Lee Ramsdale, representou a Galicia no equipo mixto de longbow. Tras vencer a Asturias na última diana e superar a Navarra nun emocionante desempate, chegaron á final, onde obtiveron a prata fronte ao equipo de Cataluña, converténdose en subcampións de España por equipos mixtos. Para rematar o fin de semana, tanto Mel Sanjorge como Lee Ramsdale proclamáronse campións dos Grandes Premios de Campo 2025-2026 nas súas categorías respectivas.
Pola súa banda, José Ángel Casal conseguiu superar o corte e finalizou nun meritorio 16º posto en longbow senior masculino.

No Campionato Galego ao Aire Libre en Pontevedra, organizado polo Club Boa Vila, os deportistas de MeigArco acadaron unha impresionante colleita de medallas:
- Ouro: Jesús de Arcos (Longbow +50) e Ramón Garrido (Recurvo +50).
- Prata: Raquel Domínguez (Tradicional Senior) e Pablo Manuel Lage (Recurvo +50).
- Bronce: Mony Ledo (Longbow Senior), Eugenio Casal (Longbow Senior), Sergio Ruas (Longbow +50), Alfonso Veiga (Tradicional +50) e Alejandro López (Desnudo Senior).
- Patricia Reche proclamouse Campioa Galega en Recurvo Senior Muller tras unha final resolta por desempate.
En total, o club sumou 3 ouros, 2 pratas, 5 bronces e unha cuarta posición, demostrando o excelente nivel dos seus arqueros en diferentes modalidades (longbow, tradicional, desnudo, recurvo e composto).










