Hoxe é Mércores 10 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha andaina polos montes de Cabeiro adianta as festas de San Xoán

cabiero andaina foto

A parroquia de Cabeiro celebra días 23, 24 e 25 de xuño as súas festas patronais que nesta edición contan co aliciente do festivo do día de San Xoán. Unha celebración que contará coa tradicional fogueira e sardiñada, verbenas e gastronomía. Unhas festas que teñen xa esta fin de semana unha cita diferente: unha andaina o sábado 14 que busca dar a coñecer entre a veciñanza os montes da contorna con visita á Mámoa do rei e o Castro de Negros, parada no merendeiro de San Vicente e vistas espectaculares sobre a ría.

Unha andaina de sete kilómetros de dificultade media con saída dende o campo de fútbol de Cabeiro que permitirá coñecer os montes da contorna así como os xacementos arqueolóxicos que atopamos en monte Penide. A actividade ten un custe de 7 euros e inclúe avituallamento e un sorteo final.

Raquel Blanco, Comisión de Festas

Esta proposta, que nace con vocación de continuidade, supón o adianto das festas de San Xoán que nesta parroquia déixanos unha programación intensa de tres días que arrancarán na noite do martes 23 cunha gran sardiñada e viño amenizada pola música da charanga SGAE e a tradicional fogueira a partir da medianoite con verbena a cargo da orquestra Ritmo Joven. Unha programación da que nos deixaba máis datos Raquel Blanco dende a comisión de festas.

Dende a Comisión animan a toda a veciñanza a se inscribir na andaina a través do teléfono 📞 623 31 09 51 e agradecen a colaboración das Comunidades de Montes de Cabeiro, San Esteban, Cedeira e San Vicente de Trasmañó que fixeron posible a organización deste evento.

Martes, 23 de xuño

A partir das 21:00 h: Gran sardiñada e viño amenizados pola charanga SGAE.

00:00 h: Gran Fogueira e fogos artificiais.

00:30 h: Actuación da orquestra RITMO JOVEN.

03:30 h: Sesión DJ con Jano Méndez

Mércores, 24 de xuño

 A partir das 10:00 h: Pasarrúas e concerto da Banda de Música Municipal de Redondela.

 13:00 h: Misa maior na honra de San Xoán.

Sesión vermú e pulpeiro acompañados polo concerto da banda.

16:30 h: Trofeo Petanca “Festas San Xoán”.

A partir das 22:00 h: Gran actuación da orquestra TANGO.

 Xoves, 25 de xuño

A partir das 11:00 h: Pasarrúas pola zona sur de Cabeiro coa Agrupación Musical Redondela.

13:00 h: Misa maior na honra de San Xoán.

Ao rematar, sesión vermú e pulpeiro acompañados polo concerto da agrupación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará