Os feitos sucederon ás 22:10 horas de onte martes e ata o lugar acudiron os Bombeiros e a Policía Nacional. Os bombeiros tiveron que sufocar o lume que se producira no exterior desta nave de fabricación de aparellos de pesca en Redondela.
Un incendio de pouca importante pero que causou alarma na zona. Os feitos producíanse a última hora da tarde de onte cando por causas que se descoñecen prendía lume nunha bobina que se atopaba no exterior da nave industrial ardendo os restos de lixo que se atopaban alí acumulados pero que foron sufocados rapidamente, impedindo que o incendio fora a máis.









