Hoxe é Mércores 13 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebra os 30 anos do Maratón Escolar das Letras Galegas con máis de 800 escolares

maratón das letras

A contorna da praia de Arealonga converterase este venres 15 de maio nunha gran celebración da lingua galega. Máis de 800 alumnos e alumnas dos centros educativos de Chapela participarán na XXX edición do Maratón Escolar das Letras Galegas, unha cita xa histórica que une deporte, cultura e identidade arredor do galego que partirá as 10:30 horas dende o CEIP de Laredo, con percorrido pola praia de Arealonga.

A iniciativa, que cumpre tres décadas de traxectoria, está impulsada polos centros CEIP de Laredo, CEIP Igrexa, CEIP Alexandre Bóveda e IES de Chapela, consolidándose como unha das actividades escolares e sociais máis emblemáticas da parroquia.

Nesta edición especial, o evento renderá homenaxe á escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño, figura destacada da cultura galega contemporánea. Ademais, o maratón incorporará unha importante novidade: o alumnado de primaria e secundaria realizará unha retransmisión radiofónica en directo durante toda a xornada.

As radios escolares emitirán entrevistas, música tradicional, testemuños, conexións en directo e conversas con participantes e convidados, ofrecendo unha cobertura completa do evento que poderá seguirse en liña.

A proba deportiva dará comezo arredor das 10:30 horas na contorna do CEIP de Laredo e desenvolverase ao longo da praia de Arealonga e do paseo de Cardona. O peche da actividade e a entrega de agasallos están previstos para as 14:00 horas.

O Maratón Escolar das Letras Galegas converteuse ao longo destes 30 anos nun símbolo do compromiso da comunidade educativa de Chapela coa promoción da lingua galega, implicando xeracións de estudantes nunha celebración colectiva da cultura propia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará