Hoxe é Luns 11 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Revilla dáse un baño de masas en Redondela: “Viva Redondela e viva a festa do Choco”

Captura de pantalla 2026-05-11 084453

O expresidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, converteuse na gran estrela dunha festa gastronómica que, malia o mal tempo, volveu congregar milleiros de persoas que se achegaron á carpa da #FestaDoChoco para degustar os diferentes pratos elaborados con este cefalópodo. O momento máis multitudinario desta edición viviuse coa lectura do pregón, que ao mediodía de onte reuniu centos de persoas para escoitar a intervención de Revilla, quen xa o día anterior ateigara o Multiusos da Xunqueira.

O expolítico e tertuliano salientou na súa intervención a insistencia da alcaldesa que se desprazou a Cantabria para conseguir traelo a Redondela “esta señora, pertinaz como a chuvia, conseguiu convencerme para vir a dar o pregón malia que non hai día no que non reciba tres ou catro cartas nomeándome fillo predilecto, conferenciante ou pregoeiro”.

No seu baño de masas non deixou pasar a oportunidade de falar da situación política actual “esa carreira polo insulto por ver quen di unha barbaridade maior, aí non me vexo”.

Finalizou a súa intervención ao berro de “Viva Redondela, viva o Choco, viva os peregrinos e viva España”, destacando previamente a calidade do choco de Redondela e prometendo que, tras o cariño recibido polos veciños e veciñas “levarei a Redondela e a súa xente semrpe no corazón”.

Pola súa banda a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, definiu o choco de Redondela como un símbolo de identidade: “Alá onde imos, chámannos choqueiros e choqueiras, e levámolo con moita honra porque o noso choco é o auténtico tesouro da Enseada”. Concluíu agradecendo a Revilla o seu papel como “o mellor embaixador do choco de Redondela” e salientando a “proxección nacional” que acadou esta edición, consolidando a cita como un referente gastronómico en toda Galicia e fóra das nosas fronteiras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará