A comunidade educativa inauguro na mañá de hoxe un novo mural que se suma aos outros nove elaborados nos últimos anos. Nesta ocasión está dedicado a Begoña Caamaño, xornalista e escritora homenaxeada co gallo do Día das Letras Galegas 2026. O mural é resultado dun traballo realizado por alumnado e profesorado do centro baixo a dirección artística da muralista redondelá Paula Amoedo.
O mural recolle unhas palabras do libro “Circe ou o pracer do azul”: “Soñar tamén é un xeito de andar camiños dun outro mundo onde nacer muller non sexa unha condena”.
A inauguración contou coa lectura colectiva dun fragmento da obra de Begoña Caamaño por parte de representantes de toda a comunidade educativa e coa presenza de Bea Caamaño, irmá da homenaxeada, que compartiu co alumnado un chamado a importancia de andar pola rúa cos ollos e as orellas abertas para construír unha mirada propia, crítica e comprometida coa realidade.
O mural inaugurado súmase aos outros 9 elaborados nos últimos anos. Con esta serie de murais desde o IES de Chapela réndeselle homenaxe ás figuras máis representativas da cultura galega para divulgar entre a comunidade educativa de Chapela o seu importante labor de defensa e promoción da nosa lingua e da nosa identidade.
Maratón das Letras Galegas
Por outra banda, o vindeiro venres día 15 de maio terá lugar a XXX edición do Maratón das Letras de Chapela, que todos os anos reúne ás comunidades educativas dos colexios e instituto da nos parroquia coa intención de reivindicar a lingua galega. A saída situarase este ano fronte ao CEIP de Laredo, no porto de Chapela.










