Hoxe é Sábado 10 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Feira do Gando acolle este sábado o I Festival Rock Xuventude

841929764_1735260901538928_7770784455344806943_n

A primeira edición do Festival Rock Xuventude, organizado polo Concello de Redondela, chega finalmente este sábado 10 de outubro á Feira do Gando, a partir das 21:00 horas, con entrada de balde.

A programación contará coa participación de Maneiro, Malfinde, Eleven, Xalundes e Jay & The Smoking Machines, nun cartel que aposta principalmente polas bandas locais, os sons de guitarras e percorre diferentes territorios dentro do rock, desde o pop-punk ata o hard rock. As propias bandas destacan que a selección supón unha representación da actividade musical que existe actualmente en Redondela.

Un dos aspectos que os músicos consideran máis relevantes é que o festival sirva tamén para reivindicar a creación musical propia e achegar estes proxectos a persoas que quizais aínda non os coñecen. A cita pretende converterse nun punto de encontro para a escena musical local e ofrecer un espazo no que as bandas poidan presentar os seus proxectos ante novos públicos.

Os participantes destacan ademais a boa resposta que adoita ter a música local en Redondela. A presenza de Maneiro achegará, pola súa parte, unha proposta cunha traxectoria ampla e diferente á das formacións máis novas do cartel. Os músicos consideran que a súa participación pode funcionar tamén como reclamo para público.

A intención, explican, vai máis alá de ofrecer unha noite de concertos. Trátase tamén de animar a novas xeracións a coller un instrumento, formar grupos e crear música, recuperando unha tradición que durante anos tivo un peso importante en Redondela. Tamén reclamaron que se coiden e melloren os espazos municipais destinados ao ensaio e á creación musical, ao considerar que contar cun local gratuíto é unha oportunidade que non existe en todos os municipios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará