Hoxe é Martes 18 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un acto vandálico deixa inutilizado o bambán do miradoiro do Outeiro Grande no Viso

columpio viso

O bambán do miradoiro do Outeiro Grande, na parroquia do Viso, quedou completamente eestragado tras sufrir un acto vandálico. A estrutura, instalada polo Concello de Redondela hai aproximadamente tres anos, resultou danada despois de que alguén partise pola metade a viga de madeira maciza que sostén a cadeira.

Os feitos producíronse tras a xornada do eclipse e supoñen un novo dano nun espazo público destinado ao desfrute da veciñanza e das persoas visitantes.

O miradoiro do Outeiro Grande conta cunha situación privilexiada, con vistas sobre a Enseada de San Simón e a Ponte de Rande. Nos últimos anos, este enclave foi gañando protagonismo como punto de interese turístico e de lecer, pola súa contorna e polas panorámicas que ofrece sobre a ría.

Dende o Concello lamentan os danos e condenan o comportamento incívico que provocou a destrución do elemento. O goberno local lembra que o mantemento e conservación do patrimonio público é responsabilidade do conxunto da cidadanía e fai un chamamento á colaboración para esclarecer os feitos.

As persoas que dispoñan de información que poida axudar a identificar os responsables poden poñerse en contacto co Concello de Redondela ou coa Policía Local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Se a imaxe que acompaña ao nova é actual da incidencia, non entendo o de partir a viga pola metade. Polo que observo na imaxe, partiu nun dos extremos, onde vai anclada a peza metálica dos apoios.

    Non hai imaxes dende outra perspectiva?.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará