Hoxe é Martes 11 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Primeira División de fútbol sala chega a Redondela da man do Noia Portus Apostoli

redondelafs

O equipo de Primeira División visitará este sábado o pavillón da Marisma para disputar un partido fronte ao Redondela FS. As entradas terán un prezo de 5 euros en venda anticipada e de 8 euros na bileteira. A venda anticipada realizarase exclusivamente de forma presencial no pavillón A Marisma o martes 11, de 20:00 a 21:30 horas, e o mércores 12, de 12:00 a 13:30 horas.

Redondela acollerá este sábado, 15 de agosto, unha cita especial para os afeccionados ao fútbol sala. O Redondela FS organiza no pavillón A Marisma un encontro que permitirá ao público local desfrutar de preto dun equipo da máxima categoría estatal: o Noia Portus Apostoli.

O partido, previsto para as 19:00 horas, supón unha oportunidade para ver en directo en Redondela un conxunto de Primeira División e achegar á afección o fútbol sala de alto nivel.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co teléfono 636 71 41 60.

Un teléfono no que tamén poden informarse todos os interesados en entrar a formar parte da familia do Redondela Fútbol Sala que xa ten en marcha a campaña de captación de xogadores e xogadoras para a vindeira tempada, coa intención de seguir medrando na súa estrutura de base e consolidar un proxecto que abrangue desde prebenxamín ata xuvenil. O club mantén abertas as inscricións para nenos e nenas nados entre 2008 e 2020 e anima ás familias a achegarse ao fútbol sala como unha alternativa deportiva centrada na formación, na diversión e nos valores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará