Os clubs deportivos de Redondela unen forzas para organizar o Campus Multideporte, unha proposta dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos que combina deporte, lecer e convivencia en diferentes espazos do municipio. Ligazón de inscrición: aberta ata o 10 de xuño.
A iniciativa está promovida conxuntamente polo Club de Atletismo de Redondela (CAR), o Redondela FS, o Balonmán Choqueiras, o Club de Baloncesto de Redondela e o ximnasio escola Omnihum Taekwondo, coa colaboración da Concellería de Deporte de Redondela.
O campus desenvolverase principalmente no Pavillón Municipal da Marisma, ademais da piscina municipal, a praia de Cesantes e outras zonas da contorna, cun amplo programa de actividades.
As actividades realizaranse en horario de 9:00 a 14:00 horas, aínda que tamén haberá un “plan madrugadores” opcional de 8:00 a 9:00 horas, cun custo de 20 euros por semana, para facilitar a conciliación familiar. Para que o servizo de madrugadores poida levarse a cabo, será necesario contar cun mínimo de 10 nenos e nenas inscritos por semana.
O campus desenvolverase en cinco quendas:
- Semana 1: do 22 ao 26 de xuño
- Semana 2: do 29 de xuño ao 3 de xullo
- Semana 3: do 6 ao 10 de xullo
- Semana 4: do 13 ao 17 de xullo
- Semana 5: do 20 ao 24 de xullo
Como novidade destacada desta edición, os participantes recibirán de agasallo unha camiseta oficial do campus. Ademais, a organización ofrece descontos especiais para irmáns e unha rebaixa nas inscricións formalizadas antes do 5 de xuño. As inscricións permanecerán abertas ata o 10 de xuño e todos os participantes contarán con seguro de Responsabilidade Civil e Accidentes.
As familias interesadas poden obter máis información e formalizar a matrícula contactando con Paula (630 589 023), Ana (676 878 261) ou Debo (678 776 706), ademais do correo electrónico c.b.redondela.chapela@gmail.com.
No proxecto colaboran o Concello de Redondela e a Concellería de Deportes.










