Os populares redondeláns, encabezados por Javier Bas, a secretaria xeral, Susana Cabaleiro, e o voceiro parlamentario, Alberto Pazos, arrancaron estes encontros na súa sede cos militantes da agrupación local, que valoraron o traballo do grupo municipal e achegaron unha serie de ideas que enriquecerán o proxecto político. Estas reunións proseguirán durante as próximas semanas con distintos colectivos e representantes de sectores socioeconómicos e da veciñanza.
O PP de Redondela vén de abrir un proceso de escoita activa que se extenderá a toda a sociedade e que ten como obxectivo reforzar o programa electoral de cara ás eleccións municipais de 2027 para poder potenciar o concello e recuperar “o tempo perdido tras dous mandatos de absoluta parálise da man do goberno socialista de Digna Rivas”.
Explica o voceiro popular, Javier Bas que buscan intensificar “o contacto directo coa cidadanía no marco da nosa política de total proximidade, nun momento decisivo para o futuro”. A primeria das xuntanzas tivo lugar na xornada de onte na que Bas acompañado da secretaria xeral, Susana Cabaleiro, e o voceiro parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, se reuniron cos militantes da agrupación local, que valoraron o traballo do grupo municipal e achegaron unha serie de ideas que enriquecerán o proxecto político. Estas reunións proseguirán durante as próximas semanas con distintos colectivos e representantes de sectores socioeconómicos e dos veciños “para que o noso programa sexa o máis ambicioso e máis apegado á necesidades da xente nun momento no que Redondela precisa recuperar a ilusión a través duns investimentos, servizos e dinamismo dos que agora carece”.









