“Non esquezas doar antes de veranear” é o lema da campaña organizada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e que durante as últimas semanas está a percorrer todos os concello galegos co fin de previr a escaseza de compoñentes sanguíneos no verán. Para facilitar a participación dos doantes, a unidade móbil de ADOS estará situada o xoves 11 na Alameda de Chapela en horario de 15:30 a 21:00 horas e o venres e sábado ao carón do Concello. O día 12 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e o sábado 13 de 10:00 a 15:00 horas.
Lembran dende a Axencia de Doazón que durante o período estival requirise un esforzo especial para cubrir a demanda de máis de 27.000 doazóns necesarias para garantir a atención sanitaria nos hospitais galegos. Informan que as reservas dos grupos sanguíneos A+ e AB- están baixas e anima a doar a toda a cidadanía.
A campaña estival, que arrincou o pasado 13 de xuño e que se estenderá ata o 15 de setembro, pretende fomentar a participación da cidadanía na doazón nestes meses, onde habitualmente prodúcese un descenso nas reservas de sangue.
As unidades móbiles de ADOS realizarán 800 desprazamentos para achegar a doazón de sangue por toda a xeografía galega. Así mesmo, leva a cabo unha intensa campaña informativa na que conta coa colaboración dos concellos, que achegarán información sobre a doazón de sangue ao tecido asociativo.
Hai que ter en conta que o sangue non se pode fabricar e soamente pódese obter grazas á doazón voluntaria das persoas. Os compoñentes do sangue que se obteñen son vitais para atender a milleiros de doentes.
Calquera persoa entre 18 e 70 anos que pese máis de 50 quilos cunha boa saúde, pode achegarse ás unidades móbiles de ADOS ou aos locais de doazón de sangue nas sete grandes cidades, onde serán atendidos por persoal sanitario especializado.
Grazas a colaboración de toda a sociedade galega, case 31.000 pacientes recibiron unha transfusión dun compoñente sanguíneo no pasado ano, e ADOS agradece a súa participación as persoas que doan sangue.









