Hoxe é Xoves 7 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sabotan as pechaduras das oficinas de Servizos Sociais en Redondela e Chapela

servizos sociais

As traballadoras que acudiron na mañá de hoxe ao seu posto de traballo nas oficinas de servizos sociais na urbanización de Regojo non puideron acceder debido a que as pechaduras estaban bloqueadas. O mesmo aconteceu na oficina de Chapela. Un acto de sabotaxe que impediu que o servizo estivera operativo a primeira hora da mañá, malia que si lograron abrir a porta aos usuarios unha vez accederon ao interior do inmoble.

Un acto de vandalismo que consistíu en introducir nas pechaduras algún tipo de substancia (silicona, pegamento…) que as deixou inutilizada e que buscaba directamente entorpecer a atención en Servizos Sociais, xa que foi simultánea nas dúas oficinas municipais, tanto no centro da vila como na parroquia de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará