Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as obras de arranxo da estrada de acceso a Cortellas pechada dende hai dez meses

DSC02844

Soutomaior investirá preto de 75.000 euros de fondos propios para que a veciñanza de Cortellas poida volver a circular canto antes por esta estrada que dá acceso ao barrio dende o Val Sobral. A estrada estaba intransitable dende que o pasado mes de novembro unha parte importante do noiro natural que soporta a vía se viñera abaixo nunha escorredura de terras producida polas riadas. O Goberno local decidiu cortar o tráfico para garantir a seguridade da veciñanza.

Unha vez superadas todas as trabas administrativas que tiveron paralizado o proxecto durante varios meses, o Goberno local iniciou esta obra, que consiste na construción dun muro de dique de 14 metros de lonxitude, 5,5 metros de altura máxima e 1,2 metros de ancho que estabilizará o talude natural.

O proxecto da obra foi redactado por ‘Bercal. Consultoría Ingeniería Medioambiente’ e os traballos están a ser realizados por ‘Construcións Caldevergazo S.L.’. O obxectivo agora é adiantar os prazos o máximo posible para que a veciñanza de Cortellas poida volver a circular canto antes por esta estrada, garantindo en todo momento a seguridade dos e das transeúntes.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que o Goberno local investirá 75.000 euros de fondos propios para levar a cabo esta actuación. “Desde o momento en que se produciu a escorredura puxémonos a traballar para atopar a mellor solución e agora, menos dun ano despois de que tivese lugar o sinistro, comezamos coas obras para poder reabrir a estrada”.

.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará