Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Soutomaior fai historia e conquista o ascenso a Primeira Galicia

cd soutomaior

Na vindeira tempada Arcade e Soutomaior militarán na mesma categoría unha vez que o Soutomaior, tras a vitoria desta fin de semana, logra o ascenso matemático. O Arcade continuará na mesma categoría consolidado nos postos medios da táboa.

Unha fin de semana de celebracións para os seguidores do Soutomaior que confirmaban o seu ascenso tras vencer ao Xil e a tan só dúas xornadas do peche da competición na Segunda Galicia.

Xil 0-5 Soutomaior

O equipo pasa a primeira autonómica tras gañar o encontro disputado esta fin de semana por un contundente 0-5 ante o Xil, equipo da parte baixa da clasificación. Malia o ascenso matemático aínda por diante novas citas que na vindeira semana os van levar ao campo do  Cobres.

Un ascenso que na vindeira tempada deixará interesantes derbis, xa que o Arcade mantense nesa categoría.

Pontellas 0-2 Arcade

Vitoria previsible para o C.D. Arcade que visitaba o campo do pechacancelas do grupo. Nunha cómoda décima praza na vindeira semana reciben ao Moraña.

Cesantes 4-6 Sanxenxo

Peor lle van as cousas ao CD Cesantes, equipo de Segunda Galicia que continúa de pechacancelas do grupo despois de perder na súa visita ao campo do Sanxenxo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará