Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Doce grupos de música e baile tradicional danse cita no II Serán da Escola de música de Chapela

escola chapela

A Escola de Música de Chapela celebra esta actividade por segundo ano e xa teñen confirmado un total de doce grupos que actuarán este sábado 4 de maio no pavillón Manuel González Soto a partir das 20:00 horas. Con todo, lembran que a inscrición segue aberta a todos aqueles grupos que desexen participar, chamando o teléfono 636124635 ou escaneando o código QR que se atopa no cartel publicado nas redes sociais da escola de Música.

A Música e o baile tradicional van ser os protagonistas desta xornada, na que tamén se contará con postos de comida e bebidas na que se poderán degustar o tradicional choripán, empanadillas, bocadillos, rosquillas, ou bica entre outros….

Unha actividade en colaboración co Concello que busca a promoción e divulgación da Música e o baile tradicional “unha das apostas da escola de música de chapela dentro da súa oferta de ensinos musicais e na que xa conta cun grupo de gaitas, un grupo de pandeiretas e un grupo de percusión tradicional, onde os seus alumnos/as realizan actuacións en diferentes eventos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará