Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Uns descoñecidos causan danos no colexio de Cedeira

casetas

Fotos: Anpa do Colexio Público de Cedeira

A Anpa do centro educativo así como a propia dirección do centro amosan a súa indignación ante os danos causados por un vándalos que na pasada fin de semana accederon ao interior do recinto educativo e esnaquizaron unha caseta de madeira así como mobiliario do parque infantil. Os feitos foron xa trasladados a Policía Local e presentarase tamén denuncia nas dependencias da Policía Nacional co obxecto de que investiguen os feitos.

Os danos son dificilmente cuantificables en termos económicos, xa que se trata de traballos realizados por nais e pais que no seu día colocaran e pintaran o valado de madeira do parque infantil que apareceu parcialmente arrancado. Tamén se realizara unha caseta, moi empregada pola rapazada nos recreos, que quedou completamente estragada “previsiblemente a base de patadas” así como unha porta na parte traseira do centro que evitaba a saída dos máis cativos.

Descoñécese cando se produciron os feitos pero si que foi durante a fin de semana “o venres estaba todo en perfecto estado e o luns atopámonos cos danos” explica o director José Luis Ojea, quen ten previsto presentar a correspondente denuncia na Policía Nacional.

Desconfían dalgún grupo de mozos que terían accedido as instalacións escalando a porta principal “sabemos que as veces entran no patio, quizais a facer botellón, pero ata o de agora o máis molesto podía ser a aparición de cabichas ou botellas, pero é a primeira vez que causan danos” lamentan dende o Centro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará